"PLATAFORMA PRO AUTOVIA A76, CORREDOR 3, POR OURENSE ", NA XUNTANZA QUE TIVO LUGAR O DIA 17 DE XANEIRO EN TRIVES
version corrixida por linguista:
O que é?
? REUNIDOS EN A POBRA DE TRIVES, OS REPRESENTANTES SOCIAIS, CULTURAIS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS, DOS CONCELLOS ABAIXO NOMEADOS, DESEXAN FACER PÚBLICO O SEGUINTE
MANIFESTO
REIVINDICAMOS, de xeito inequívoco, a AUTOVÍA A-76, CORREDOR
Esta autovía supón a vertebración da provincia de Ourense, a través da zona oriental:
PORQUE:
TECNICAMENTE, consideramos que este trazado ofrece evidentes vantaxes sobre os outros barallados para esta vía, porque ocasionaría un menor impacto ambiental, porque se optimizarían os tempos de percorrido, e porque se abaratarían os custos de execución material na súa construción; tal e como reflicten os informes emitidos por diversas institucións. Acadaríase unha ordenación territorial en infraestruturas máis xusta, equitativa e homoxénea.
SOCIALMENTE, é de urxente necesidade para vertebrar adecuadamente os concellos, polos que transcorre, co resto da provincia de Ourense, co resto de Galicia e co resto de España, rematándose cunha situación de agravio para as nosas terras producida coa supresión da antiga Nacional 120.
ECONOMICAMENTE, é imprescindible para acadar o desenvolvemento real dos grandes potenciais dos nosos concellos, e que se conseguiría coa construción dunha vía de alta capacidade como a futura Autovía A-76. O corredor que reivindicamos, o número tres, que percorre a provincia de Ourense, pasaría ao pé da única estación de esquí de Galicia, que recibe miles de visitantes de España e Portugal, e que coa súa construción potenciaría o uso deste tramo da autovía A-76 .
HISTORICAMENTE, o territorio e a propia provincia pola que debe transcorrer esta autovía veñen sendo marxinados dende hai décadas. Non se trata de mendigar nin de ir de vítimas, senón de reclamar o que consideramos xusto para o rexurdir duns pobos condenados a desaparición por falla de infraestruturas.
Por estes motivos, e por que cremos firmemente na necesidade de desenvolver o grande potencial destas terras, faise necesaria máis ca nunca, a unidade de todos os cidadáns e cidadás, institucións e, principalmente, dos políticos que nos representan, para que fagan valer ante quen competa, a necesidade, lexitimidade e xustiza da nosa petición para que a Autovía A-76 discorra polo corredor número tres, pola provincia de Ourense.
CHEGOU o momento; esta é a oportunidade de que a administración pague esta DÉBEDA HISTÓRICA.
PARA OS CIDADÁNS e CIDADÁS, destes concellos esta é a última posibilidade de supervivencia; se esta demanda non é satisfeita, o impacto económico e social vai ser brutal e a nosa poboación quedará sen expectativas.
O que estamos a pedir é de elemental XUSTIZA SOCIAL.
ASINADO: concellos de O BOLO, CASTRO CALDELAS,CHANDREXA DE QUEIXA
LAROUCO, MACEDA, MANZANEDA, MONTEDERRAMO, PARADA DO SIL, PEREIRO DE AGUIAR, POBRA DE TRIVES, A TEIXEIRA, VIANA DO BOLO, VILARIÑO DE COUSO, SAN XOÁN DE RÍO, BAÑOS DE MOLGAS, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, ESGOS.
3 comentarios:
Seria más lisible sin los “ !--[if !supportEmptyParas]-- !--[endif]-- ”
ESTE MANIFESTO ESTÁ CHEO DE FALTA, É NECESARIO CORRIXILO ANTES DE QUE SAIA PUBLICADO!!!!
COMO SE PODE PUBLICAR UN DOCUMENTO PÚBLICO SEN PASAR PREVIAMENTE POR UN CORRECTOR. URXE A CORRECCIÓN
Publicar un comentario