viernes, 2 de marzo de 2007

FINAL DE ETAPA

ESTE BLOG QUEDA BLOQUEADO POR EL ADMINISTRADOR

sábado, 27 de enero de 2007

MANIFESTACIOON PROA AUTOVIA A 76 POR TRIVES

Hoxe tivo lugar en Trives, a maior manifestación que se recorda.
Xente de toda a comarca, a provincia, e do resto de España, acudiu a esta masiva manifestación para reivindicar o noso DEREITO, a que esta Autovía pase por Trives.
Mais de 3000 persoas, todolos negocios e empresas pechados e a solidariedade de moitos visitantes que viñan a neve a Manzaneda.
Foi empresionante.
Neste enlace podedes ver a noticia a traves da TVG.
http://www.youtube.com/watch?v=n2Yzvskeezg

jueves, 25 de enero de 2007

ASEMBLEA POPULAR EN TRIVES

Onte tivo lugar na casa da Cultura de Trives, convocada pola comisión organizadora integrada polas asociacións , unha asemblea popular na que a xente de Trives participou masivamente.

Aportouse información sobre a manifestación do día 27, sábado as 12 de mañá na praza do concello de Trives.

Os empresarios fixeron un chamamento o paro de tódalas empresas entre as 12 e a 1, coincidindo coa manifestación.

E para rematar estableceuse un diálogo aberto entre tódolos participantes.

miércoles, 24 de enero de 2007

AVANCE METEOROLOXICO PARA O SABADO

Na estación de montaña de Manzaneda, que tén informes meteorolóxicos mais axustados, informan que o sábado non hai previsión de choiva.
Convén vir abrigado

martes, 23 de enero de 2007

AVISO ÓS VOLUNTARIOS

CONVOCAMOS:
A tódolos voluntarios, que estedes por aquí, mañá mércores 24, as sete da tarde, na casa da cultura de Trives, para unha xuntanza organizativa da concentración do sábado dia 27 de Xaneiro.
Acudide todos e avisade ós que saibades que están apuntados.
Intentaremos enviar un mail persoal a cada voluntario.
Ata mañá

sábado, 20 de enero de 2007

BUSCAMOS VOLUNTARIO CORRECTOR

Os que estamos a traballar aquí, somos voluntarios.
Si hai algun corrector para corrixilo que faga as correccions e serán inmediatamente tidas en conta.
Non hai que criticar, hai que traballar.
Si está mal e necesario indicar os erros para que se corrixan
Necesitamos críticas, pero tamén necesitamos axuda.

viernes, 19 de enero de 2007

LOGOTIPO DA PLATAFORMA

Aquí tedes o modelo de logotipo, que foi elixido para representar, de xeito gráfico, a PLATAFORMA PRO AUTOVIA A76, CORREDOR 3, POR OURENSE.
Representa un gran sorriso dentro da provincia de Ourense, a nosa reivindicacion non encerra acritude, o que estamos a pedir e: DE XUSTIZA, E CONTRA NINGUÉN.
Moitas gracias a todolos que colaboraron coas suas propostas; especialmente, ós alumnos e profesores do colexio e do instituto de Trives.
Iremos mostrando os traballos que fixeron.
A plataforma quere agradecer de xeito especial a colaboración desinteresada de Juán Pérez González, que foi capaz de interpretar acertademente o que estábamos a buscar.

Este logotipo, ten que dar a volta o mundo, que todolos internautas o fagan circular mandando copias

MANIFESTO DA PLATAFORMA

REPRODUCION LITERAL DO MANIFESTO, APROBADO POLOS MEMBROS DA:
"PLATAFORMA PRO AUTOVIA A76, CORREDOR 3, POR OURENSE ", NA XUNTANZA QUE TIVO LUGAR O DIA 17 DE XANEIRO EN TRIVES

version corrixida por linguista:

O que é?

? REUNIDOS EN A POBRA DE TRIVES, OS REPRESENTANTES SOCIAIS, CULTURAIS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS, DOS CONCELLOS ABAIXO NOMEADOS, DESEXAN FACER PÚBLICO O SEGUINTE

MANIFESTO

REIVINDICAMOS, de xeito inequívoco, a AUTOVÍA A-76, CORREDOR 3, a través da provincia de Ourense, cuxo trazado está definido, nos estudos previos, no contorno da actual OU-536, OU-636 entre A RÚA e OURENSE.

Esta autovía supón a vertebración da provincia de Ourense, a través da zona oriental:

PORQUE:

TECNICAMENTE, consideramos que este trazado ofrece evidentes vantaxes sobre os outros barallados para esta vía, porque ocasionaría un menor impacto ambiental, porque se optimizarían os tempos de percorrido, e porque se abaratarían os custos de execución material na súa construción; tal e como reflicten os informes emitidos por diversas institucións. Acadaríase unha ordenación territorial en infraestruturas máis xusta, equitativa e homoxénea.

SOCIALMENTE, é de urxente necesidade para vertebrar adecuadamente os concellos, polos que transcorre, co resto da provincia de Ourense, co resto de Galicia e co resto de España, rematándose cunha situación de agravio para as nosas terras producida coa supresión da antiga Nacional 120.

ECONOMICAMENTE, é imprescindible para acadar o desenvolvemento real dos grandes potenciais dos nosos concellos, e que se conseguiría coa construción dunha vía de alta capacidade como a futura Autovía A-76. O corredor que reivindicamos, o número tres, que percorre a provincia de Ourense, pasaría ao pé da única estación de esquí de Galicia, que recibe miles de visitantes de España e Portugal, e que coa súa construción potenciaría o uso deste tramo da autovía A-76 .

HISTORICAMENTE, o territorio e a propia provincia pola que debe transcorrer esta autovía veñen sendo marxinados dende hai décadas. Non se trata de mendigar nin de ir de vítimas, senón de reclamar o que consideramos xusto para o rexurdir duns pobos condenados a desaparición por falla de infraestruturas.

Por estes motivos, e por que cremos firmemente na necesidade de desenvolver o grande potencial destas terras, faise necesaria máis ca nunca, a unidade de todos os cidadáns e cidadás, institucións e, principalmente, dos políticos que nos representan, para que fagan valer ante quen competa, a necesidade, lexitimidade e xustiza da nosa petición para que a Autovía A-76 discorra polo corredor número tres, pola provincia de Ourense.

CHEGOU o momento; esta é a oportunidade de que a administración pague esta DÉBEDA HISTÓRICA.

PARA OS CIDADÁNS e CIDADÁS, destes concellos esta é a última posibilidade de supervivencia; se esta demanda non é satisfeita, o impacto económico e social vai ser brutal e a nosa poboación quedará sen expectativas.

O que estamos a pedir é de elemental XUSTIZA SOCIAL.

ASINADO: concellos de O BOLO, CASTRO CALDELAS,CHANDREXA DE QUEIXA

LAROUCO, MACEDA, MANZANEDA, MONTEDERRAMO, PARADA DO SIL, PEREIRO DE AGUIAR, POBRA DE TRIVES, A TEIXEIRA, VIANA DO BOLO, VILARIÑO DE COUSO, SAN XOÁN DE RÍO, BAÑOS DE MOLGAS, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, ESGOS.




sábado, 13 de enero de 2007

EN BREVE PAXINA WEB

En breve, páxina web da Autovía neste enderezo:
www.autoviaportrives.es

jueves, 11 de enero de 2007

ESTAMOS A NECESITAR UN LOGOTIPO

Necesitamos un LOGOTIPO, xa, para empezar a publicitar as actividades da plataforma.
Debe servir para todolos concellos que integran a plataforma, polo que e preferible unha imaxe que nos podia unir a todos.
O autor do logo que sexa elixido sera publicitado pola plataforma, e podera rexistralo o seu nome.
Pódense mandar o enderezo da plataforma:
autoviaportrives@yahoo.es
Ou entregalo directamente na oficina de turismo

XUNTANZA DAS ASOCIACIONS

Onte vólveronse a xuntar as Asociacións de Trives.
Desde a PLATAFORMA PRO AUTOVIA A76, CORREDOR 3, POR OURENSE, aproveitamos a ocasión para insistir en que é importante a asistencia as convocatorias do maior número posible de representantes das mesmas.
Nesta xuntanza xa se decidiron accions concretas, a levar a cabo, e un calendario de actuacións que será feito público a semana que vén.

AVISO OS VOLUNTARIOS

Moitas gracias os que se apuntaron como voluntarios.
Non nos olvidadamos de vos, e desde a PLATAFORMA PRO AUTOVIA A76, CORREDOR 3, POR OURENSE, agradecemos de xeito moi especial a vosa colaboración.
En breve, seredes convocados de xeito persoal, a unha xuntanza para fixar obxectivos de colaboración.
Aproveito esta mensaxe para pedir que se anoten mais voluntarios , necesitamos un número que chegue desde Trives a Larouco.
MOITAS FELICIDADES O FOLION "ASOCIACION POMBARIÑOS" DE MANZANEDA QUE SE INSCRIBIRON COMO VOLUNTARIOS EN BLOQUE.
QUE CUNDA O EXEMPLO
Pasade a nota os que non miran o blog

AVISO IMPORTANTE

INDA QUE FAI DIAS, FALARAMOS DA POSIBILIDADE DE FACER UNHA XUNTANZA NA CASA DA CULTURA, MAÑA VENRES DIA 11 DE XANEIRO, QUEDARAMOS EN QUE SE ANUNCIARIA FORMALMENTE.
MAÑA NON SE VAI A CELEBRAR NINGUNHA XUNTANZA, TEMOS QUE CONFIRMAR UNHA SERIE DE ACCIÓNS A LEVAR A CABO Y EN ESE MOMENTO ANUNCIAREMOS A DATA.
QUE NINGUEN SE DESPISTE E VAIA MAÑA.
GRACIAS E SAUDOS

jueves, 4 de enero de 2007

CONSTITUCION FORMAL DA PLATAFORMA

Onte, tivo lugar a reunión dos representantes dos colectivos políticos e sociales, para formalizar a creación da: "PLATAFORMA PRO A-76, POR OURENSE", este e o nome que se acordou utilizar para constituir a asociación, elexiuse tamen unha comisión xestora, para a posta en marcha da asociación, con representación de tódolos colectivos sociales.
Podedes ver nos enlaces de prensa que coloca J. Antonio toda a información.