sábado, 30 de diciembre de 2006

XUNTANZA DAS ASOCIACIONS DE TRIVES

Onte, no centro comarcal, xuntáronse representantes das asociacións de Trives para, entre outras cousas, elixir ós dous representantes que se van a integrar na plataforma que se vai a constituir o día 3 de xaneiro.
Despois de dialogar sobre todas as posibilidades, acordouse, por unanimide e consenso de tódolos presentes, (unha ampla maioría das asociacions), nomear como representantes na plataforma, para defender a autovia; ó presidente da asociación comarcal de empresarios de Trives, Francisco José Fernández e a Xosé Vicente Cid, como representante, a título persoal, de tódalas asociacións que acudiron a Xuntanza.
Tamen se debatiron os puntos da orde do día da reunión constitutiva da plataforma, as primeiras accións a levar a cabo, a creacion de logotipo-imaxe, o calendario de movilizacións, e as datas de celebración de novas xuntanzas.

O día 9 de xaneiro, no centro comarcal de Trives as 20,30, quedaron convocados os representantes de todalas asociacións.

O día 13 de xaneiro, (será debidamente anunciada), convócase ós cidadáns de Trives a unha xuntanza informativa, na CASA DA CULTURA as 20,30, ese día preténdese por en marcha o grupo de voluntarios e decidir as primeiras actividades sociales de mobilización.

E importante que o BLOG siga a medrar e que apliquedes o famoso "pásalo", para difundilo.

Voluntarios, apuntádevos na oficina de turismo ou a través do enderezo:

autoviaportrives@yahoo.es

EIQUI DEIXO O ENLACE CO BLOG DE AMIGOS DE CALDELAS:

http://www.amigosdecaldelas.blogspot.com/

15 comentarios:

carlos dijo...

perdoade que me repita, pero isa plataforma que se vai constituir o 3 de xaneiro, ¿está formada por xente de todolos concellos ou é unha iniciativa Trivesa?

administrador dijo...

Quero agradecer publicamente, o apoio prestado por tódolos representantes das asociacións asistentes a xuntanza de onte.
Inda que como xa manifestei onte, a miña intención era permanecer traballando desde a base; tampouco puiden negarme ó que se me plantexou.
Espero ser digno representante da responsabilidade que se me otorgou
saudos xosé vicente

administrador dijo...

para Campos:
A plataforma que se vai a constituir o día tres vai a estar formada por xente de tódolos concellos.
Dous representantes por cada concello, mais un suplente.
Tres alcaldes, (Trives, Caldelas e Pereiro de Aguiar),en representación da comisión formada polos alcaldes

carlos dijo...

voto de menos a representación de Maceda, sen embargo teño entendido que participaron en outras reunións

debe ser a poboación mais numerosa afectada pola variante ¿non?

non están involucrados?

eu vin algún comentario favorable nun blog de Maceda

José Antonio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
carlos dijo...

gracias jose antonio, non tiña toda esa información
resulta moi ilusionante ver que hay movemento en serio, o que me preocupa e que os concellos da Rúa e O Barco non se posicionen, supoño que tanto lles dá unha opción como outra
o que me escandaliza e que os representantes do BNG e o PSOE na Diputación non fagan un apoio explícito (isto e o mundo ó revés)

José Antonio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
José Antonio dijo...

Ourense crea su plataforma reivindicativa

José Antonio dijo...

PSOE y PP polemizan en Monforte por el estudio informativo sobre la A-76

José Antonio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
El Torero dijo...

Sobre la constitución de la Plataforma en el día de ayer.

[url]http://www.lavozdegalicia.es/ed_ourense/noticia.jsp?CAT=115&TEXTO=5423740[/url]

José Antonio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Morrigan dijo...

Saudos

non sei se estou confundida pero pensaba que o blog era para aportar ideas e movilizarse. Non e neste? e que non vexo movilizacion social... tamen pode ser que como a plataforma esta ainda no seu nacemento non dera tempo, pero creo que a movilizacin social : manifestacions, pancartas en todolos concellos e na cidade das Burgas, pegatinas pos coches, camisetas que xa se fixeron (ainda que creo que deberias ser mais chamativas e non so de trives).... enfins que e hora de que nos movamos, que non kedemos durmidos e que todos deberiamos aportar ideas e dende aqui sair cousas e que co boca a boca sairan a diante. Un saudo

José Antonio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
lulu dijo...

podo conseguir o manifesto que se vai ler? por que non o colgades na páxina? Ánimo e loita