martes, 26 de diciembre de 2006

OUTRO BELEN PRO AUTOVIA

Na farmacia Alvarez, pódese ver iste belén que tamén reivindica o paso da A-76 por Trives.

Estamos a esperar que se apunten moitos voluntarios para ter unha xuntanza na segunda semana de xaneiro.

Ó fío dun comentario que aparece no blog firmado por :"trivesa", sería interesante que ampliara esa información de que:" aparelladores, que traballan no ministerio de fomento, levan a camiseta co logotipo creado por un dos primeiros voluntarios que están a traballar para reivindicar a AUTOVIAPORTRIVES.

19 comentarios:

José Antonio dijo...

En la Región de ORENSE de hoy
La carretera que enlaza A Rúa y Trives reduce a la mitad el promedio de vida de los camiones

José Antonio dijo...

Es en la edición del Barco de Valdeorras, pero es lo mismo

carlos dijo...

a continuación vou a transcribir dous comentarios feitos no blog da asociacion de amigos de caldelas "O Prado" sobre o tema da autovía, esta asociación formouse iste vrán a partir dunha iniciativa pra promover a ordenación do tráfico na plaza e o casco antigo do Castro de Caldelas pero facemos nosas todalas iniciativas pra millorar o noso pobo

dende a asociación intentamos non entrar en polémicas baratas nin descalificacións personais ou partidistas, mais as veces hay comentarios que derivan por istes camiños desafortunados
sen embargo todolos comentarios teñen cabida e non se rexeita ningún, xa que pretendemos que ista sexa una tribuna de libre expresión
prego a todolos que se animen a participar que non se deixen levar pola lexendaria rivalidade entre O Castro e Trives (que non tén ningún fundamento)e sexan obxetivos nas súas intervencións

a min que pertenzo por igual os dous pobos apéname ver que o descoñecemento inflúe nas opinións de algúns de forma negativa

gracias pola participación

carlos dijo...

primeiro comentario

e agora xa en serio, e voltando o tema da autovía

non sei se xa está tomada a decisión por parte de Fomento, se non me equivoco, as competencias en materia de autovías son estatais, non autonómicas, isto quere dicir que o goberno central tomará as decisións en función de todalas variables, sen embargo as condicionantes económicas pesan moito na balance, tende en conta que o ratio de custe por km de autovía ronda o millón de euros, que según en que zonas podese disparar ata moito mais
non sei cal e o montante económico previsto nin si a opción de Monforte e mais económica que a "nosa" variante mais intuyo que salvo a zona dos Peares ata Ourense, o resto e mais sinxelo que a opción que nos interesa
ademais disto, outras consideracions como que a zona beficiada polo investimento e mais poboada nas zonas de quiroga e monforte e posible que finalmente a balanza se incline a favor da devandita opción

carlos dijo...

segundo comentario

e sigo

logo, contra isto ¿qué imos facer?
podemos facer o de sempre, meter a cabeza baixo o ala e lamentarnos (como sempre) das inxustizas que se comenten con nós (probiños) tamén podemos arremeter contra os nosos políticos ou contra os veciños de Trives, Maceda ... dicindo algo na súa contra

ou podemos loitar

contra os argumentos púramente técnicos que poidan ter en Fomento, hay que poñer na mesa argumentos de outras naturezas, e istes teñen que ser movidos políticamente, hay que influir nos nosos políticos (en todos) pra que fagan chegar os responsables o interese da nosa opción, ista e unha oportunidade de desenrolo para as nosas comarcas que non se repetirá en moito tempo, e si a deixamos pasar de largo, non superaremos o aillamento actual

mais isto non o vamos a conseguir soios nin falando por libre, iste interés é común as zonas de Valdeorras, Trives, Caldelas (Montederramo) Maceda e O Pereiro, sen embargo da a impresión de que cada un vai o seu aire

eu non sei diste tema mais do que vexo nos comentarios niste blog, tamen busquei nos diarios galegos en internet e no blog de trives, e por suposto nas páxinas dos concellos, e o que me parece (desexo estar trabucado) e que non hai moito movemento
non entendo que se se está a falar disto dende hai moitos meses, os respectivos alcaldes non foran capaces de movilizar os pobos pra facer chegar a presión popular os responsables da Diputación, da Xunta e de Fomento

tampouco entendo que non se intenten xuntar forzas cos veciños, as únicas referencias que vexo son críticas "os de Trives"

parecemos parvos

"os de" Trives, Manzaneda Montederramo, Maceda, Pereiro, A rúa, e O Barco, están tan interesados coma nos
(pode ser que istes últimos lles dé o mesmo, xa que as dúas opcións lles benefician, mais estou seguro de que se xuntarían a calquera iniciativa pra adiantar o tema)

logo, o que interesa é xuntar forzas e non dividir a base de críticas baratas

¿non sería mais visibel unha manifestación de veciños de todas istas comarcas en Ourense, Santiago e Madrid, que as mostras individuais de cada pobo?
¿por que non unha recollida de firmas promovida por todolos concellos, en tempo record?
¿por qué non envíos masivos por email os responsables políticos e de Fomento?
¿por qué non postos informativos nas rúas e nas estradas?
¿por qué non pancartas en cada pobo?

¿cantos pobos e vilas somos? ¿non podemos actuar como ún soio?

seguro que me equivoco e xa se están a facer moitas de estas opcións que se me ocurren, en todo caso, son os políticos, as asociacións veciñais, as asociacions de empresarios etc os que teñen que liderar e coordinar istes temas pra intentar que os veciños apoien coa sua presencia cada iniciativa
os concellos, ¿levan a cabo esta actividade? ¿ou limítanse a ver pasar o tempo? ¿fan presión en serio ou se conforman con promesas de futuras reunións?
¿están xuntos e coordinados na reivindicación ou vense de cando en vez?

dame a impresión de que nisto somos igual de ineficaces "os de" todalas comarcas afectadas

desexo sinxelamente estar trabucado

carlos dijo...

penso que hay que xuntar forzas, os que estamos fora non podemos facer moito mais que opinar dende a distancia e adoptar o papel de "pepito grillo" e chinchar nas conciencias dos mais próximos mais a nosa intención é tan boa como a dos demais

José Antonio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
administrador dijo...

Resposta a Xosé Antonio:
Iste foro foi creado para tratar, de xeito monógrafico, a reinvindicacion da Autovía A76 COORREDOR 3, e en el teñen cabida todo@los interesados.Alguén ten que empezar a tirar do carro.
Pódese respostar en calquera entrada; e mellor coller as últimas que vaian aparecendo, así e mais fácil consultalas

carlos dijo...

pra mais información
o seudónimo co que firmei os comentarios procedentes de O Prado, é producto dun erro ó rexistrarme, xa está correxido, agora aparezo como "campos" que é o meu seudónimo en O Prado

niste rato tiven ocasión de leer o comentario de Santiago na primeira entrada, nótase que é técnico coñecedor no tema das estradas logo paréceme que hay que ter as súas suxerencias en conta

sen embargo, penso que a presión popular tense que notar dende xa

El Torero dijo...

En relación con los testimonios que ha expuesto Carlos (tanto los que nos transcribía desde el foro de Castro Caldelas, como el suyo propio) he de decir que comparto plenamente lo dicho. Quizás haya de producirse ya una mayor movilización popular. Esperemos que la constitución de la Plataforma agilice estos anhelos tanto a nivel local como intercomarcal.

Como afirmación algo dudosa que surgía en una intervención anterior, la A-76 (Acceso Centro a Galicia) será una autovía de la Red de Interés General del Estado (ya que unirá dos provincias pertenecientes a dos Comunidades Autónomas diferentes, y gestionará todo el tráfico de dos puertos de Interés General del Estado para con una parte importante de España), por lo que será una infraestructura dependiente de la Dirección General de Carreteras del Ministerio de Fomento, cuya conservación será llevada en la parte gallega desde La Coruña, y en la parte castellano-leonesa desde Valladolid. Las autonomías también construyen autovías y autopistas, pero lo hacen cuando éstas no son incluidas en el Plan de Carreteras del Gobierno Central de turno, y han de ser necesarias para la comunicación de importantes áreas de interés para la región en cuestión. Así en Galicia tenemos la AG-55 (La Coruña-Carballo, de peaje, horriblemente proyectada y construida, todo sea dicho de paso), la AG-57 (Vigo-Bayona, de peaje), la AP-53 (Alto de Santo Domingo- Enlace con la A-52, en construcción y de peaje), la AG-64 (Ferrol-As Pontes-Villalba-Enlace A-8, en construcción y libre de peaje); la conversión en autovía de los actuales corredores de Salnés y de Barbanza, y la construcción de la vía de alta capacidad Lugo-Monforte, y la autovía Monforte-Chantada-Lalín.

También a mí me ha extrañado no haber visto tanto en Trives como en Castro Caldelas ninguna pancarta sobre la OU-536. Movimiento sólo se observa en estos foros, en la prensa y en la radio, en los belenes que se han montado en dos establecimientos triveses y un mural en un bar de Trives. Esperemos que la constitución de la Plataforma comience a coordinar las diferentes acciones a llevar a cabo.

Una última cuestión, si hay alguien que me pueda responder en este blog: los que ya nos hemos inscrito como voluntarios para la Plataforma Pro-Autovía, ¿vamos a reunirnos estos días?¿Habremos de asistir a la reunión del próximo día 3 de enero, aunque sea a título individual? Me gustaría conocer estos aspectos, para poder empezar ya a organizarnos seriamente y coordinarnos con las plataformas locales de las diferentes comarcas.

El Torero dijo...

Como aclaración tamén a algo que expuxo Carlos na súa primeira intervención:
Efectivamente o coste dunha autovía, cun trazado digamos, de velocidade de proxecto de 120 km/h (o máximo contemplado na Instrucción de Carreteras 3.1 IC do Mº de Fomento), é de aproximadamente 1 millón de euros. Tamén facías referencia na transcripción do que habían publicado no foro do Castro, no primeiro comentario, de que “o resto era máis sinxelo”, referíndote ao trazado despois dos Peares. Eu teño as miñas dúbidas. Para encaixar o trazado na zona dende A Guítara ata Sober, vale (que estaría na mesma situación que dende o Alto do Rodicio ata o Alto de Cerdeira). Pero despois dende Monforte ata Quiroga… non sei non sei. Hai pobos como Rairós e Torbeo que están moi preto da actual N-120, e de cara o outro lado está a línea férrea Palencia-A Coruña. Asimesmo, o encaixe nos vales do Cabe e do Lor, ofréceme moi serias dúbidas. O terreo que debería ser evacuado, haberíao de ser con explosivos, sobre todo na zona do val do Lor, cun novo retranqueo do trazado da actual N-120 (non sería aproveitable para unha velocidade de proxecto óptima). No tramo que vai dende o Alto do Rodicio ata o Alto de Cerdeira (oxalá o saibamos pronto, porque iso significaría que se levaría a cabo a alternativa nosa pola elaboración do Proxecto), aseguraría que a maior parte do terreo (terra vexetal), sería excavable ou ripable (que é como terreo excavable, pero máis duro, polo que se ten que evacuar mediante o paso antes cunha máquina chamada “ripper”). Despois dende o Alto de Cerdeira, podería discorrer por riba do pobo de Cerdeira e de Reboledo a media ladeira (a simple vista), para para unha vez alí cara a ladeira do sur da Pena Foleche e cara as Penas de Rómer. Isto tamén non tería moita complicación constructiva (en cambio na zona de Quiroga, haberíanse de facer moitos números para lograr un encaixe nese duro terreo, avanzando a voladuras, co Sil e o Lor dun lado, e a vía férrea do outro). Unha vez no Alto de Trives (o lugar ideal do acceso de Trives e Manzaneda cara a autovía), poderíase pasar mediante un viaducto cara a outra ladeira da montaña, e logo, mediante outro cara a posterior (por detrás da ponte Bibei), e chegar ás proximidades de Seadur. Isto só serían tres viaductos, e non de moita lonxiude. En cambio, pola zona de Monforte os viaductos que habería que facer nos Peares, na zona de Monforte e Quiroga para podela levar por alí e logo na zona de Montefurado e San Martiño, salen bastates máis de tres, así como os túneles que se haberían construir na zona do Lor-Sil.
Na miña opinión non debemos partir con complexo de inferioridade. Debemos estar convencidos que a autovía é posible. Además, se non fose así, NUNCA ESTARÍA CONTEMPLADA XA NO ESTUDIO INFORMATIVO. Por moitas falacias que se oíron en Monforte e O Barco dicindo que era a alternativa “de recheo legal”. Sí, sí…
¡É posible, é viable económica e técnicamente, e debemos loitar todos unidos por ela! Suporá o renacer das nosas depauperadas comarcas, será o despertar dunha zona que quizais xogará un gran papel na conexión do sur de Galicia coa Meseta.

José Antonio dijo...

Carballeda respalda la ruta trivesa de la A-76 y busca apoyos para que cruce el municipio

La plataforma que defiende el paso de la autovía Ponferrada-Ourense por tierras de Trives y Caldelas recibió el apoyo de la Corporación local de Carballeda. Pero a cambio, este Concello solicita el respaldo de triveses y caldelaos para que la futura A-76 acceda desde la Meseta a Galicia por Carballeda.
La Corporación municipal de Carballeda acordó ayer por unanimidad el apoyo a la reivindicación de la plataforma creada en Trives y Caldelas para reclamar que la futura autovía Ponferrada-Ourense discurra por esas comarcas. ’Es una zona aislada históricamente y es justo todo lo que se lleve a cabo para que mejore su situación’, dijo la alcaldesa independiente, María del Carmen González.
La alcaldesa también obtuvo el apoyo de la oposición ’popular’, que encabeza Domingo Fidalgo, al solicitar que Trives y Caldelas respalden la propuesta de Carballeda. Esta Corporación apoya el trazado de la N-536 para acceder a Galicia desde León a Galicia en lugar de hacerlo por la N-120, a través de Rubiá.
La combinación de los corredores dos y tres es uno de los dos trazados que los técnicos de la Diputación provincial estiman de menor impacto ambiental. Hay otro itinerario que este organismo considera válido, el cual discurre por la N-120 hasta A Rúa, continuando por la OU-636 hasta Ourense. Pero los técnicos entienden que si se elige esta última opción será preciso un ’ramal a Pena Trevinca’ para dar salida al tráfico pesado de la cuenca pizarrera.
La función de este ramal la puede cubrir el acceso de la N-536 a la N-120, cuyo ante-proyecto de estudio medio ambiental debatió el pleno.
El Ministerio de Fomento diseñó tres corredores posibles. El primero cruza el río Sil por Pumares (Carballeda) y sigue el curso del río Galir para salir a la N-120. La segunda opción, que apoya la Corporación de Carballeda, plantea diferentes trazados, en función del punto de cruce del río Sil. Propone un tramo de cauce que parte de Millarouso y acaba en Sobradelo como posibles ubicaciones del puente, siendo la opción defendida por María del Carmen González la más próxima a esta última localidad.
La tercera opción, que descarta Carballeda, recorre la N-536 y llega hasta el parque empresarial de A Raña y supera Viloira, bien por la zona superior o por los terrenos próximos al río Sil.
La A-76 también salió a relucir en un acto electoral del PSOE en A Rúa. El coordinador provincial, Carlos Fidalgo, criticó al PP porque ’pon pegas a que se faga unha autovía que comunique Valdeorras’. También dijo que ’o AVE e a autovía non poden ir por tódolos pobos’para señalar que ’Trives e O Barco terán comunicacións’.

carlos dijo...

gracias Santiago polas túas aclaracións, como xa dixen está claro que tés unha alta formación técnica no tema e un coñecemento profundo do terreo e as alternativas

alégrome de que xa estés apuntado como voluntario, isto indicalles ós políticos que poden acadar axuda nistas asociacións (que non sempre son ben recibidas)

eu non me apuntei, maiormente por que estou lonxe, pero contade conmigo si dende cataluña podemos facer algo (e non estou soio)

carlos dijo...

ademais do dito

se as posibilidades económicas non son piores que os outros trazados, o resto de argumentos poden pasar pola densidade de poboación na zona de Quiroga-Monforte que históricamente sempre estiveron millor comunicados
non coñezo a fondo a economía distas zonas, non sei si hay centros de producción importantes que precisen de unha boa comunicación pra o desenvolvemento
sen embargo sabemos que as industrias pizarreiras de valdeorras son un bon argumento económico pra favorecer a nosa opción, logo están as agroecuarias (o viño da Ribeira Sacra) e a estación de Manzaneda que xa tivo tempos millores
seguro que me deixo outros argumentos pra poñer enriba da mesa

pero insisto en que son os políticos os que teñen que encabezar a presión nos despachos, éles millor que naide teñen que transladar os centros de decisións que as nosas comarcas precisan de unha forte inyección pra rexurdir e poder optar ó desenvolvemento

se non se chegara a concretar ista oportunidade non sei canto tempo tardaríamos en ver outra semellante

carlos dijo...

outra pregunta
a plataforma da que fala Santiago, ¿é unha idea ou xa está en marcha?
¿estase a formar entre os veciños ou son os concellos os que levan o tema?
¿como se contacta con ela? ¿quén coordina?
si me informades, podo colgar a información no blog dos amigos de caldelas (calquera pode facelo)
e por último
Santiago, ¿impórtache que copiemos os teus comentarios no blog dos amigos de Caldelas "O Prado"?

administrador dijo...

Resposta para Campos:
A creación da plataforma xa está en marcha, a sua constitución vaise a facer o día 3 de Xaneiro, nela van a participar representantes de todolos concellos interesados.
Estase a formar con amplia representación de asociacións, políticos e veciños, a título persoal, representados a través do grupo de voluntarios,Desde Valdeorras ata Ourense
Toda a organización,polo menos en Trives, estase levando desde a Sociedade civil, cunha implicación moi directa de representantes politicos de todalas tendencias
O xeito de contacto é, a través deste blog ou o enderezo:
autoviaportrives@yahoo.es

Neste blog terás toda a información para que a transmitas, sin ningún tipo de limitación, xa que buscamos a maior difusión; calquera axuda será benvida.
Si nos envias o enderezo do blog do que falas, poñeremos un enlace desde este blog, e tamén agradeceríamos que se puxera outro enlace desde dito blog o noso.
Esta reivindicación é unha tarefa de todos.
Saudos

Santiago, ¿impórtache que copiemos os teus comentarios no blog dos amigos de Caldelas "O Prado"?

El Torero dijo...

Para nada me importaría. Un saludo. Feliz 2007.

carlos dijo...

iste e o enlace do blog da asociación de amigos de caldelas
http://www.amigosdecaldelas.blogspot.com/
gracias pola información
gracias a Santiago, vou colgar os seus comentarios no noso blog

saúdos e bon 2007

El Torero dijo...

No hace falta que me trates de usted, que aún soy muy joven, jajaja.
Un saludo. Feliz 2007.