sábado 30 de diciembre de 2006

XUNTANZA DAS ASOCIACIONS DE TRIVES

Onte, no centro comarcal, xuntáronse representantes das asociacións de Trives para, entre outras cousas, elixir ós dous representantes que se van a integrar na plataforma que se vai a constituir o día 3 de xaneiro.
Despois de dialogar sobre todas as posibilidades, acordouse, por unanimide e consenso de tódolos presentes, (unha ampla maioría das asociacions), nomear como representantes na plataforma, para defender a autovia; ó presidente da asociación comarcal de empresarios de Trives, Francisco José Fernández e a Xosé Vicente Cid, como representante, a título persoal, de tódalas asociacións que acudiron a Xuntanza.
Tamen se debatiron os puntos da orde do día da reunión constitutiva da plataforma, as primeiras accións a levar a cabo, a creacion de logotipo-imaxe, o calendario de movilizacións, e as datas de celebración de novas xuntanzas.

O día 9 de xaneiro, no centro comarcal de Trives as 20,30, quedaron convocados os representantes de todalas asociacións.

O día 13 de xaneiro, (será debidamente anunciada), convócase ós cidadáns de Trives a unha xuntanza informativa, na CASA DA CULTURA as 20,30, ese día preténdese por en marcha o grupo de voluntarios e decidir as primeiras actividades sociales de mobilización.

E importante que o BLOG siga a medrar e que apliquedes o famoso "pásalo", para difundilo.

Voluntarios, apuntádevos na oficina de turismo ou a través do enderezo:

autoviaportrives@yahoo.es

EIQUI DEIXO O ENLACE CO BLOG DE AMIGOS DE CALDELAS:

http://www.amigosdecaldelas.blogspot.com/

martes 26 de diciembre de 2006

OUTRO BELEN PRO AUTOVIA

Na farmacia Alvarez, pódese ver iste belén que tamén reivindica o paso da A-76 por Trives.

Estamos a esperar que se apunten moitos voluntarios para ter unha xuntanza na segunda semana de xaneiro.

Ó fío dun comentario que aparece no blog firmado por :"trivesa", sería interesante que ampliara esa información de que:" aparelladores, que traballan no ministerio de fomento, levan a camiseta co logotipo creado por un dos primeiros voluntarios que están a traballar para reivindicar a AUTOVIAPORTRIVES.

sábado 23 de diciembre de 2006

FOTOGRAFIA DA XUNTANZA DE ONTE

Esta fotografía, feita por Belén, mostra a parte dos asistentes a reunión informativa que tivo lugar onte na casa da cultura

ASI NO ES, SOLIDARIDAD CON LA PROVINCIA

PSOE Y BNG DE OURENSE, ELUDEN RESPALDAR LA PROPUESTA DEL TRAZADO DE LA AUTOVÍA A-76 POR TRIVES.
En la Diputación provincial de Ourense, cuando trató de apoyar el trazado de la nueva autovía Ourense-Ponferrada por las comarcas de Trives y Castro Caldelas, la oposición compuesta por PSOE Y BNG se abstuvo, argumentando que no era el momento.

!!!AUTOVIA POR TRIVES ¡¡¡

Envia mensaxes para que os de "caiga quien caiga", lle pregunten a ministra de fomento por donde tén que a ir a autovia A-76:
protesteya@telecinco.es

APUNTADEVOS COMO VOLUNTARIOS:
autoviaportrives@yahoo.es

jueves 21 de diciembre de 2006

BENVIDA

Benvidos a este novo foro, adicado exclusivamente a reivindicar que a futura autovia A-76 Ourense-Ponferrada, pase pola comarca Terra de Trives seguindo o corredor nº 3.
A primeira entrada é o anuncio da xuntanza informativa que se celebra mañán na Casa da Cultura de Trives.
Se copiades e pegades este enlace no navegador: http://www.youtube.com/watch?v=E1KkV4c1QFY
podedes ver un video