Despois de dialogar sobre todas as posibilidades, acordouse, por unanimide e consenso de tódolos presentes, (unha ampla maioría das asociacions), nomear como representantes na plataforma, para defender a autovia; ó presidente da asociación comarcal de empresarios de Trives, Francisco José Fernández e a Xosé Vicente Cid, como representante, a título persoal, de tódalas asociacións que acudiron a Xuntanza.
Tamen se debatiron os puntos da orde do día da reunión constitutiva da plataforma, as primeiras accións a levar a cabo, a creacion de logotipo-imaxe, o calendario de movilizacións, e as datas de celebración de novas xuntanzas.
O día 9 de xaneiro, no centro comarcal de Trives as 20,30, quedaron convocados os representantes de todalas asociacións.
O día 13 de xaneiro, (será debidamente anunciada), convócase ós cidadáns de Trives a unha xuntanza informativa, na CASA DA CULTURA as 20,30, ese día preténdese por en marcha o grupo de voluntarios e decidir as primeiras actividades sociales de mobilización.
E importante que o BLOG siga a medrar e que apliquedes o famoso "pásalo", para difundilo.
Voluntarios, apuntádevos na oficina de turismo ou a través do enderezo:
autoviaportrives@yahoo.es
EIQUI DEIXO O ENLACE CO BLOG DE AMIGOS DE CALDELAS:
http://www.amigosdecaldelas.blogspot.com/